top of page

O Pino móvese pola lingua cunha andaina e con xogos populares no Día das Letras Galegas

A ruta a pé, duns 13 quilómetros, discorrerá polo Camiño Francés ao seu paso polo municipio e é necesario anotarse


Laura Moure/O Pino

O departamento de Deportes do Concello do Pino organiza dúas actividades para festexar o sábado 17 de maio o Día das Letras Galegas unindo actividade física e cultura. A xornada comezará cunha andaina polo Camiño Francés ao seu paso polo municipio e, xa pola tarde, a cativada poderá desfrutar dun circuíto de xogos populares.

Ámbalas actividades son gratuítas, aínda que se precisa inscrición para participar na

andaina. Camiñando coa Lingua é o nome da andaina que se desenvolverá no Pino o sábado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O seu obxectivo é fomentar a práctica do deporte ao aire libre ao tempo que se fomenta o uso do galego entre as persoas participantes. O percorrido, duns 13 quilómetros, discorrerá entre A Calzada, no límite con Arzúa, ata a Casa da Cultura do Pino en Arca. Poden participar todas as persoas que o desexen, malia que se recomenda que teñan máis de doce anos por causa da distancia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Concello do Pino poñerá a disposición das persoas participantes un autobús gratuíto que sairá da Casa da Cultura ás 8:30 horas, para comezar a andaina ao redor das nove da mañá. A hora de chegada está prevista para as 12:30 horas.


As prazas están limitadas á capacidade do autobús. Por este motivo, é precisa inscrición no departamento de Deportes do Concello cubrindo o formulario que pode atoparse na páxina web ou no propio departamento de Deportes. O prazo de inscrición pecharase o luns 12 de maio ás 15:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola tarde, o protagonismo terano as familias, que poderán desfrutar de diferentes xogos populares no pavillón de Reboredo entre as 17:00 e as 21:00 horas. A actividade, que contará con monitores, ofrece propostas como tiro á corda, sacos, bolos, rá, paracaídas, aro, chave, zancos, petanca ou jenca.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page