top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Pino acolle o día 9 de setembro a festa da familia O Papaventos

A xornada repítese co obxectivo de que pequenos e maiores compartan xogos e obradoiros


Laura Moure/O Pino

A área recreativa da Magdalena, en Castrofeito, O Pino acolle o sábado 9 de setembro a segunda edición da festa da familia O Papaventos organizada polo Concello do Pino.

Tralo éxito do pasado ano, a xornada repítese co obxectivo de que pequenos e maiores compartan xogos e obradoiros así como actuacións de teatro, de maxia e de música. O fin de festa correrá a cargo do grupo Mamá Cabra.

Publicidade

A xornada incluirá espazos lúdicos no que poderán participar todas as familias.

Xunto ás diferentes actividades e propostas serán varios os espectáculos de teatro e de música que pecharán esta cita no Concello do Pino.

Publicidade

Así, Troula Animación traerá o Show de Fifo: Soño e Dani García abraiará á rapazada e aos maiores con Galdaka, a maxia detrás do cristal.

Inventi Teatro porá en escena A Tropa do Doutor Milagre e a xornada de festa, xogos, diversión e convivencia pecharase co concerto de Mamá Cabra.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page