top of page

O Pino acolle a mostra itinerante sobre o escritor paradelense Manuel Rodríguez López

Poderase ver ata o 12 de decembro no centro sociocultural Luis Seoane


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o seu homólogo de Paradela (Lugo), José Manuel Mato Díaz, asistiron á presentación da exposición interactiva Manuel Rodríguez López 2.0, que poderá verse no centro sociocultural Luis Seoane ata o vindeiro luns 12 de decembro.


A mostra, de carácter itinerante, enmárcase nos actos do Bicentenario da creación do Concello de Paradela e está promovida polo Colectivo Egeria, Galicia Dixital e a familia do escritor, co apoio da Xunta, da Deputación de Lugo e do Concello de Paradela. Ao acto tamén asistiron a concelleira de Cultura do Pino, Eva Varela, o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Unha ducia de paneis

Manuel Rodríguez López 2.0 é unha nova edición da mostra orixinal en homenaxe ao escritor paradelense finado en 1990, que percorreu desde 2013 grande parte de España e tamén Portugal. Esta nova versión recolle en doce paneis a vida e a obra do Fillo Predilecto de Paradela pero cun formato máis dixital e interactivo, cun novo deseño gráfico, contidos actualizados e reestruturados así como un acceso inmediato aos contidos multimedia adicionais a través de códigos QR. En palabras de Xulio Diz, a mostra “contribúe a facer un panorama máis completo do escritor porque non só aparece Manuel Rodríguez López reflexado nos paneis, senón que que tamén está vivo facendo declaracións sobre os máis diversos temas”.


O escritor paradelense Manuel Rodríguez López está considerado como o mellor poeta obreiro galego do século XX. Escribiu grande parte da súa obra en Cataluña, foi un grande impulsor das actividades galegas nesta comunidade, ademais de ser un vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrados en Cataluña.

A exposición Manuel Rodríguez López 2.0 está a percorrer os distintos municipios do Camiño Francés; empezou a súa andaina este ano no Concello de Pedrafita e remataraa en Santiago de Compostela. No Pino poderá verse ata o 12 de decembro data na que a mostra será substituída pola exposición, tamén de carácter itinerante, Paradela senda viva.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page