Está dirixido a escolares de entre tres e 12 anos
Laura Moure/O Pino
Xa está aberto o prazo de preinscrición para participar no campamento de conciliación de Semana Santa destinado a escolares de entre tres e 12 anos. O campamento desenvolverase os días 29, 30 e 31 de marzo en horario de mañá, entre as 8:30 e as 14:30 horas.
Semana Santa no Camiño é a actividade que o Concello do Pino pon en marcha para facilitar a conciliación durante os catro días laborais das vacacións escolares de Pascua. As actividades desenvolveranse nas instalacións do pavillón municipal, ubicado a carón do CPI Camiño de Santiago.

Unhas das actividades da iniciativa Ler conta moito do concello do Pino.
As inscricións realizaranse na Casa do Concello entre as 10:00 e as 14:00 horas. Pode solicitarse máis información chamando ao teléfono 981 511 002. A celebración do campamento está supeditado á existencia dun mínimo de dez participantes.
As bases e a ficha de inscrición pódense descargar no seguinte enlace:
Comments