top of page

O piloto palense Luis Vilariño busca consolidar o seu gran inicio de tempada no 40º Rali de Noia

Tras o podio conseguido no Cocido de Lalín, afronta a segunda cita do Campionato Galego co obxectivo de manterse nos postos de honra co Skoda Fabia R5 Evo


Laura Moure/Palas de Rei

Tras o excelente resultado obtido na cita inaugural do certame, Luis Vilariño e o seu copiloto David Míguez xa están listos para afrontar o 40º Rali de Noia. O equipo chega á segunda proba puntuable do Campionato Galego de Ralis coa motivación ao máximo tras a terceira posición absoluta lograda no pasado Rali do Cocido, un resultado que confirmou a competitividade do binomio e o excelente rendemento do Skoda Fabia R5 Evo.

A cita noiesa, que este ano celebra o seu cuadraxésimo aniversario, é unha das probas máis emblemáticas e técnicas do calendario. Os seus tramos, caracterizados por un asfalto habitualmente deslizante e zonas de alta velocidade, esixirán a máxima precisión técnica. Para Vilariño, este rali supón a segunda cita do seu bloque estratéxico de tres carreiras, clave para definir a continuidade do proxecto deportivo durante o resto da tempada 2026.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O equipo traballou na revisión e posta a piques da montura checa para adaptarse ás particularidades dos tramos da comarca de Noia, onde o obxectivo volve ser pelexar polos postos de privilexio e sumar uns puntos valiosos para a clasificación xeral do certame autonómico.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Chegamos a Noia con moita confianza despois do podio en Lalín. O Rali de Noia é unha proba que nos gusta especialmente, aínda que sabemos que a súa esixencia é máxima e non permite erros. O Skoda Fabia R5 Evo demostrou estar a un gran nivel no Cocido e esperamos manter ese ritmo aquí. Seguimos traballando intensamente para pechar o orzamento de toda a tempada, polo que obter un bo resultado nesta segunda cita é fundamental para consolidar o apoio de nosos patrocinadores e asegurar a nosa presenza nas seguintes probas do campionato", recalca o palense Luis Vilariño.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page