top of page

O piloto palense Luis Vilariño aspira á vitoria no Rallysprint de Castropol

8 oct
2 min de lectura

Volve á acción esta fin de semana xunto a David Míguez a bordo do Skoda Fabia R5 Evo para sumar quilómetros e recuperar ritmo de carreira


Laura Moure/Palas de Rei

Tras o parón estival, o Vilariño Team está listo para volver a enfundarse o mono de competición. Luis Vilariño retomará a actividade esta fin de semana disputando o Rallysprint de Castropol, cita asturiana que servirá como test de máxima esixencia para encarar coas mellores garantías a recta final da tempada. Para esta proba, o piloto de Palas de Rei volverá contado á súa dereita coa experiencia de David Míguez no habitáculo do Skoda Fabia R5 Evo.

O principal propósito da dupla non será outro que acumular quilómetros, recuperar sensacións ao volante e coller o ritmo de carreira necesario de cara ao Rallye San Froilán, unha das citas marcadas en vermello no calendario e onde o equipo espera pelexar polos postos de cabeza ante a súa afección.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A proba asturiana concentrarase cun esquema áxil e técnico, composto por tres pasadas a un único tramo cronometrado que sumarán algo máis de 30 quilómetros contra o crono. Un percorrido que Vilariño e Míguez intentarán aproveitar ao máximo para afinar os axustes do vehículo.


"Temos moitas ganas de volver subirnos ao coche despois destes meses de descanso. Castropol é a oportunidade perfecta para quitarnos o óxido, traballar no set-up do Skoda Fabia R5 Evo e coller confianza xunto a David. O formato de tres pasadas ao mesmo tramo permitiranos ir de menos a máis e probar diferentes axustes en pouco tempo. Tomámolo como un test moi útil para chegar ao 100% ao San Froilán, unha carreira moi especial para nós na que queremos estar a pelexar cos de arriba desde o primeiro metro", sinala Luis Vilariño.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A actividade competitiva en Castropol desenvolverase integramente este domingo, 11 de outubro, mentres que o sábado terán lugar as verificacións e a cerimonia de saída.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page