top of page

O piloto palense Luis Vilariño arrancará a tempada este sábado no Rali da Coruña

Será a cita na que debutará a bordo do Hyundai i20 R5


Laura Moure/Palas de Rei

Esta fin de semana darase o pistoletazo de saída ao Campionato Galego de Rallies, no que participará esta tempada o palense Luís Vilariño a bordo do Hyundai i20 R5, co asturiano Enrique Velasco á súa dereita. Na cita coruñesa, o Vilariño Team enfrontarase a oito tramos, catro diferentes a dobre pasada, que completarán un percorrido de case un centenar de quilómetros cronometrados.

Para o piloto de Palas de Rei esta será o arranque dunha tempada de adaptación ao seu novo vehículo, que foi totalmente revisado polo equipo no parón invernal co claro obxectivo de tentar pelexar polas vitorias e estar na loita polo título autonómico a final de tempada. O propio Luís Vilariño comentaba as súas sensacións na previa ao Rali da Coruña: “Este ano estreamos un vehículo que sabemos pode ser competitivo, pois o demostrou a pasada tempada en mans do noso compañeiro de equipo, Álvaro Muñíz. Trátase dun vehículo cunha condución moito máis esixente que a do Skoda Fabia que viñamos utilizando, o que será un reto para nós ao ter que adaptar a nosa condución. O equipo realizou un traballo espectacular, e por iso contaremos co Hyundai i20 R5 totalmente comprobado, coma se fose completamente novo, polo que as sensacións son positivas".

E confesa que "sabemos que a loita vai ser dura, xa que o Campionato Galego de Ralies ten un nivel moi elevado, tanto en pilotos como en monturas, así que o noso obxectivo é completar a proba, adaptarnos ao coche e, se é posible, pelexar polos postos de honra. Realizaremos un pequeno test para ver como se comporta o coche, e tentaremos aproveitar ao máximo o shakedown do venres para traballar nos reglajes. Correr o Rallye da Coruña é sempre especial. A saída desde María Pita sempre é espectacular pola gran afluencia de público e polo impresionante da localización, así que imos tentar chegar ao parque pechado final logrando un bo resultado.”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page