top of page

O palense Luis Vilariño rozou o podio no San Froilán

A dupla Vilariño – Míguez loitou ata o último tramo por subir ao podio no seu regreso ao Campionato Galego de Rallies


Laura Moure/Palas de Rei

O piloto de Palas de Rei, Luis Vilariño, acompañado por David Míguez a bordo da súa Skoda Fabia Rally2 Evo, asinou unha gran actuación na última proba do certame autonómico disputada esta fin de semana nos arredores de Lugo. O equipo chegaba ao Rallye San Froilán tras un destacado cuarto posto en Asturias, no seu regreso á competición despois dun ano de parón.

ree

Co obxectivo de completar a proba e pelexar entre os mellores, Vilariño e Míguez comezaron a cita lucense a un gran nivel, situándose terceiros na clasificación xeral tras o primeiro tramo. Con todo, unha buxaina nunha zona estreita e unha posterior picada fixéronlles perder uns valiosos segundos. A partir dese momento, a dupla iniciou unha gran remontada, recuperando case todo o tempo perdido e chegando ao último bucle con opcións reais de subir ao podio.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Finalmente, a noite non foi a mellor aliada para o piloto de Palas de Rei, que alcanzou o parque pechado, situado en pleno centro de Lugo, cunha meritoria cuarta posición absoluta. “Sobre todo, gozámolo moitísimo. Foi unha carreira realmente divertida, o noso Skoda Fabia Rally2 Evo funcionou que da xenio, e quero darlle as grazas a todo o meu equipo. Impresionounos a cantidade de afeccionados que había nas cunetas e o agarimo que nos mostraron en cada momento da proba. Tiñamos a confianza de poder facer un bo papel e loitar polo podio. Había un gran nivel de rivais, e iso deunos un plus de motivación", recalca.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"No primeiro tramo marcamos o terceiro mellor crono, aínda que perdemos esa vantaxe tras sufrir unha picada no segundo. Despois do paso por asistencia saímos a por todas para recuperar os segundos perdidos, o que nos levou a cometer un pequeno erro nunha zona moi estreita. Aínda así, vimos que tiñamos ritmo e fomos recuperando confianza, marcando bos tempos. Chegamos ao último bucle con opcións de ser terceiros e arriscamos cos reglaxes para a sección nocturna, pero a aposta non saíu como esperabamos. Acabamos cuartos, a pouco máis de vinte segundos do podio. Cun chisco máis de fortuna, poderiamos subir, pero estamos realmente satisfeitos co ritmo e a competitividade demostrada. Estas dúas carreiras que disputamos abríronnos o apetito e, seguramente, a próxima tempada volvamos competir de forma máis habitual. Agora toca analizar que opcións temos e que calendario podemos asumir para compaxinar as nosas responsabilidades familiares e empresariais coa competición.”



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page