top of page

O palense Carlos Toural Bran é o novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación

Nunha xunta extraordinaria, conseguiu o pleno dos 28 votos emitidos


Laura Moure/Palas de Rei

O profesor Carlos Toural Bran, natural de Palas de Rei, vén de ser elixido novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación nunha xunta extraordinaria na que conseguiu o pleno dos 28 votos emitidos. Toural contará no seu equipo cos docentes da área de Xornalismo Ángel Vizoso García e Sara Pérez Seijo como vicedecanos, e con Roi Méndez Fernández, da área de Comunicación Audiovisual, como secretario.

Persoas, oferta académica e empregabilidade, infraestruturas e equipamento e proxección institucional e social do centro son os catro eixos do programa de goberno do novo decano, que aposta “por unha candidatura de continuidade e renovación, que quere coidar a comunidade universitaria, mellorar a formación e reforzar a presenza pública da facultade”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

No plano interno, Toural pon no centro o benestar de PDI, PTXAS e estudantado, con propostas de acollida, acompañamento, mellora da comunicación, reforzo dos recursos humanos e protocolos máis claros ante conflitos. Tamén insiste en adaptar a oferta académica ao novo escenario da comunicación, “marcado pola dixitalización, a intelixencia artificial e a converxencia de medios”, mediante un plan estratéxico de títulos, prácticas, microcredenciais e mellora da empregabilidade.


No plano material e externo, o novo decano propón modernizar instalacións, laboratorios e equipamentos para garantir unha docencia máis práctica e actualizada. Ao tempo, considera “esencial” aumentar a proxección social da Facultade con máis transferencia, divulgación, relación co sector profesional, apoio ás iniciativas do estudantado e actividades que conecten facultade e sociedade arredor de retos como a desinformación e o impacto da IA.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Traxectoria

Carlos Toural Bran é licenciado en Xornalismo e doutor en Comunicación e Xornalismo pola USC. Desenvolve a súa actividade docente e investigadora no eido do xornalismo dixital dende hai case dúas décadas, ámbito no que conta con máis de 80 publicacións científicas. Toural, que forma parte do Grupo de Investigación Novos Medios dende o ano 2006, ten participado en 12 proxectos de investigación no ámbito autonómico, 6 no estatal e en 2 de carácter europeo.


No ámbito da xestión, Toural foi vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación durante 6 anos en dúas etapas anteriores,  e dende 2018 formou parte do equipo de goberno do reitor Antonio López, primeiro como asesor e nos últimos 6 anos como director do seu gabinete. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page