top of page

O Movemento Veciñal Touro poñerá en marcha un plan permanente de mantemento e mellora nas parroquias

Ecos da Comarca/Touro

O Movemento Veciñal Touro poñerá en marcha un plan permanente de mantemento e mellora nas parroquias. "As parroquias estarán continuamente presentes na acción do goberno. O concello dispón de maquinaria infrautilizada que permitiría facer un mantemento continuado nas infraestruturas das parroquias (desbroces, recollida de augas...) , é só cuestión de vontade e capacidade de xestión".

"Cada ano chegan ao concello centos de miles de euros doutras administracións para investir en obras (e servizos). A mala xestión provoca que se deixen de facer obras polos sobre custos, e que outras que si que se fan presenten deficiencias na execución polo nulo control. Melloraremos a xestión facilitando a contratación a todas as empresas/autónomos do concello, rematando deste xeito co “chiringuito” que existe na actualidade e do cal sempre se benefician as catro empresas de sempre".

Así mesmo, recalca que "o asfaltado das pistas por razón de dar servizo á casa de determinados concelleiros deixará de ser o criterio de actuación. Os plans de obras en cada parroquia serán consultados ca propia veciñanza para que establezan as súas prioridades/necesidades".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page