Tamén se cortará o vial de acceso ao cenobio
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carboeiro, de Silleda, permancerá pechado ao público dende o venres 26 e ata o luns 29 pola rodaxe dunha serie televisiva. A productora Bambú elixiu o cenobio silledense, que xa ten protagonizado outras películas e series, para rodar parte do traballo.
Dadas as características da produción, tamén se cortará o vial de acceso ao mosteiro, dentro do operativo establecido para a rodaxe, que movilizará a un gran número de persoas. Deste xeito, o mosteiro de Carboeiro segue reafirmándose como un lugar de cine, completando esta produción a longa lista de traballos audiovisuais que se teñen grabado co cenobio de fondo nas últimas décadas.
E volverá a abrir as súas portas ás visitas o mércores 31, para encarar a Semana Santa, unha das épocas con maior afluencia de público.
Comments