Baixo o título Porto de Bois: unha experiencia de historia ao vivo, esta xornada de recreación histórica vai realizarse este venres día 29
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carboeiro de Silleda será a localización onde se realizará un evento inmersivo organizado por Aldán López Dacosta, en colaboración coa asociación “Suevia Recriaçom”, un dos gañadores do certame “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia” da Deputación da Coruña. Coa súa proposta interactiva busca reconstruír a vida medieval galega en vésperas da batalla de Porto de Bois de 1371.
A xornada vai ter lugar o venres 29, de 11:00 a 19:00 horas. As persoas que se queiran formar tanto neste episodio da nosa historia como no concepto de recreación histórica, vivirán unha experiencia dramatizada a modo de slice of life do ano 1371 galego, sendo recrutadas para o exército dos Castro, e recibindo a súa primeira instrución militar medieval, con costumes da época.
Publicidade
Deste xeito, o mosteiro de Carboeiro convertirase en diferentes sets que recrean actividades da historia medieval, escenas que terán non só un compoñente lúdico, senón tamén divulgativo. Impartirase tamén unha clase de esgrima histórica na que o público poderá participar.
Publicidade
Este evento pon a atención nas persoas asistentes e mentres se realiza, vaise gravar todo o que aconteza nesta xornada para despois facer un vídeo documental.
Comments