top of page

O Ministerio de Cultura concédelle unha axuda ao Concello de Antas de Ulla para a súa biblioteca

Esta subvención enmárcase na XXV edición da Campaña de Animación á Lectura María Moliner


Laura Moure/Antas de Ulla

O Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), concedeu 331 premios a bibliotecas públicas de municipios con menos de 50.000 habitantes, no marco da XXV edición da Campaña de Animación á Lectura María Moliner.

ree

O obxectivo é recoñecer os mellores proxectos de animación á lectura dirixidos á cidadanía, especialmente a colectivos con dificultades para o acceso á mesma, en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma respectiva e con especial atención aos municipios de menos de 5.000 habitantes. Dos 562 municipios de toda España que participaron na edición deste ano, 331 bibliotecas foron premiadas con 2.777,77 euros e, entre elas, os dez mellores proxectos verán incrementado o importe ata os 10.000 euros.


O premio será destinado principalmente á compra de libros e/o publicacións periódicas por parte das bibliotecas públicas. O programa, financiado polo Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, conta cun investimento total de 1,1 millóns de euros.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Esta iniciativa presenta unha gran importancia estratéxica no acceso ao libro e a lectura, xa que aproximadamente a metade da poboación española reside en municipios de menos de 50.000 habitantes.


O obxectivo da campaña é, seguindo o ideal da propia María Moliner, que calquera lector en calquera lugar poida conseguir o libro que lle interese.


Dez mellores proxectos

Os premios María Moliner aos dez mellores proxectos de animación á lectura son os seguintes:

• Muro de Alcoy (Alacante), polo proxecto ‘Estima’m entre Lletres/ Quéreme entre letras’.

• Villafranca de los Caballeros (Toledo), polo proxecto ‘A oralidade e os contos clásicos penétrannos na maxia dos bosques’.

• Ugena (Toledo), polo proxecto ‘Palabras que unen’.

• Suances (Cantabria), polo proxecto ‘Biblioteca de Suances, país das marabillas’.

• Horche (Guadalaxara), polo proxecto ‘Biblioteca de Horche: Biblioteca En-cuent-fada’.

• Alagón (Zaragoza), polo proxecto ‘RecoLECTORES’.

• Gata de Gorgos (Alacante), polo proxecto ‘Todos os camiños levan á biblioteca’.

• Ares (A Coruña), polo proxecto ‘Ler por pracer... así ten que ser!’

• Lliria (Valencia), polo proxecto ‘A participación crea biblioteca e comunidade’.

• Gelsa (Zaragoza), polo proxecto ‘Os infinitos verbos do libro’.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A selección dos proxectos levouse a cabo de acordo con criterios como a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que conteña a proposta e cunha especial atención aos municipios de menos de 5.000 habitantes.


Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa recibiu esta axuda o Concellos de Antas de Ulla polo proxecto: Moviendo la lectura desde la cuna ala tercera edad. La biblioteca como agitación cultural del pueblo. Foille concedida 2.777,77 euros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page