top of page
Foto del escritorLaura Moure

"O meu cabalo morreu pola enfermidade hemorráxica epizoótica", asegura o arzuán Johnatan Carreira

Laura Moure/Arzúa

Solo que ten un sabe o moito que se lle quere a un animal. E o arzuán Johnatan Carreira lamenta a morte de Lucero, o seu cabalo. O equino púxose mal o pasado luns e faleceu onte domingo e asegura que a causa foi a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE).

Lucero.

"Morreu da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica o que lle está pasando tamén ás vacas da zona", sinala Carreira que foi o que lle dixo o propio veterinario. "Veu o veterinario o venres e xa nolo dixo. Púxolle tratamento, pero nada", lamenta.


Este veciño de Boente sinala que dende o pasado luns deixou de comer. "Non quería comer, nin penso, nin herba", polo que foi cando chamaron ao veterinario. O sábado botaba espuma pola boca e xa estaba sen forzas e onte produciuse o triste final.


Publicidade

Cabe mencionar que hai cinco días a Xunta declararou 11 novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en vacas en Galicia. Dentro destas figuran casos en Arzúa, Santiso e Antas de Ulla e hai unhas semanas, tamén das comarcas, se detectaron en Vila de Cruces.


Tal e como explican os expertos a EHE é unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp. Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Polo tanto, existe un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao no existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.


Non afecta ás persoas

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, cómpre

aclarar que esta doenza non afecta ás persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor,

nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite…) destes animais.


Afectación ao gando

Así mesmo, cabe salientar que a EHE afecta especialmente a ruminantes silvestres, fundamentalmente cervos, tamén corzos ou gamos. No gando doméstico, os expertos falan que o gando bovino resulta afectado coa aparición de síntomas nalgúns animais. O gando ovino pode tamén infectarse pero non aparece sintomatoloxía, mentres que o gando cabrún non é sensible a esta enfermidade.

No gando vacún pode presentarse clínica moderada, con febre, perda de apetito, edema facial, secreción ocular e/ou nasal, salivación, dificultade respiratoria, eritema ou descamación en boca e nariz, coxeira ou eritema do ubre, síntomas que normalmente

desaparecen en aproximadamente dúas semanas. En canto ao gando ovino e cabrún, non

hai constancia de enfermidade clínica nos animais. Mentres, que dos equinos de momento, non aportaron datos nin se falou de ningún caso.


Publicidade

Ademais, cómpre sinalar que non existe vacina nin tratamento curativo específico fronte ao virus da EHE. Por iso, as medidas preventivas posibles a tomar respecto a esta enfermidade van encamiñadas a evitar o contacto dos animais co mosquito vector, en

concreto:

  •  Evitar a existencia de posibles zonas de cría do mosquito transmisor nas explotacións, fundamentalmente zonas con materia orgánica húmida ou lama, zonas de elección para a cría para estes mosquitos.

  • Utilizar preventivamente desinsectantes ou repelentes nas instalacións, nos medios de transporte ou nos animais, nos casos que se considere oportuno.

  • No caso de detectar animais con sintomatoloxía compatible coa enfermidade, tanto bovinos como cérvidos silvestres, debe comunicarse esta circunstancia de xeito inmediato aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural.




0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page