top of page

O mellor pop-rock dos 80, 90 e 2000 chega a Arzúa o 12 de xullo co “Camiño Pop”

Trátase dun tardeo musical, promovido pola Concellería de Turismo, con dúas

actuacións: concerto de Pop In Black e sesión DJ de The Busking Gentleman


Laura Moure/Arzúa

A Praza de Galicia de Arzúa convertirase o vindeiro sábado 12 de xullo no epicentro da música pop-rock coa primeira edición do “Camiño Pop”, unha nova proposta impulsada pola Concellería de Turismo que busca animar o verán con boa música e ambiente festivo.

A cita arrancará ás 20:00 horas e está pensada como un tardeo musical de 4 horas, no que soarán os mellores temas dos anos 80, 90 e 2000, nunha experiencia que mestura

música en directo, espectáculo e nostalxia. A entrada será de balde.

O prato forte da xornada será o concerto da banda Pop In Black, un grupo formado

por músicos profesionais cun repertorio que supera as 100 cancións e que percorre o mellor do pop e do rock en español das últimas décadas. A banda, liderada polo cantante de orixe arzuán Román Mosteiro, destaca non só pola súa calidade musical senón tamén

pola posta en escena: visten como os axentes especiais da película Men In Black, asumindo o papel de protectores do universo fronte ao reggaetón, cun espectáculo cargado de medleys, mashups e versións moi recoñecidas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A festa continuará co Dj The Busking Gentleman, residente dun dos tardeos máis

coñecidos da cidade da Coruña, que traerá a súa selección musical para completar unha

noite inesquecible.


“Con esta iniciativa queremos dar visibilidade ao talento musical vinculado con Arzúa, como é o caso de Román Mosteiro, e ofrecer unha proposta atractiva tanto para a veciñanza como para todas as persoas que nos visitan no marco do Camiño de Santiago. O Camiño tamén pode soar a pop”, sinala a concelleira de Turismo, Begoña Balado.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Camiño Pop” forma parte da programación de verán coa que o Concello de Arzúa aposta

por dinamizar o municipio con actividades culturais que combinen entretemento, participación cidadá e identidade local.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page