top of page
Foto del escritorLaura Moure

O grupo Jim Sports comeza a urbanizar a segunda fase do parque empresarial de Palas de Rei

A actuación, que significará unha inversión no seu conxunto de máis de 5.000.000 de euros, abarcará máis de 27.000 metros cadrados de superficie útil


Laura Moure/Palas de Rei

O Grupo Jim Sports comenza as obras de urbanización da segunda fase do parque empresarial de Palas de Rei. A actuación, que significará unha inversión no seu conxunto de máis de 5.000.000 de euros, abarcará máis de 27.000 metros cadrados de superficie útil.


Nesta primeira fase, urbanizaranse os terreos donde se está a facer o correspondente movemento de terras (onde se construirán as rotondas, prazas de aparcamentos,…) para xa logo, nunha segunda fase, construír unha nova nave loxística de 17.000 metros cadrados, o que significará a creación de preto dunha veintena de postos de traballo.

O Grupo, Jim Sports, dispón actualmente, no polígono palense, dunhas potentes e modernas instalacións que se traducen nunha facturación anual de máis de 30 millóns de euros e con máis de 130 empregos directos no concello de Palas de Rei o que a converten nunha das empresas líderes na fabricación de material deportivo nas diferentes filiais que engloban o Grupo.


Jim sports, que mudou a súa ubicación hai uns anos dende o parque empresarial de Melide ao de Palas de Rei, exporta a máis de 30 países de todo o mundo diferentes artigos deportivos. Así mesmo, este grupo tamén é unha firma punteira na obra pública deportiva, destacando pola construción de campos de fútbol con herba sintética e numerosas pistas de padel tanto en España como no resto de Europa. A expansión a nivel internacional do grupo, que conta con 24 anos de historia dende a súa creación, culminou nos últimos anos coa súa presenza en varios países de Iberoamérica.


O alcalde, Pablo Taboada, que acompañado polo responsable do gupo, Jesús “Jim” Graña, visitou a zona onde se está coas obras de urbanización destacou a “enorme satisfación polo arranque das mesmas o que se traduce nun importante impulso do texido empresarial do municipio”. Así como, calificou de “histórica” a implantación do grupo en Palas de Rei

Pablo Taboada e Jesús 'Jim' Graña no lugar da próxima construción.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page