top of page

O grupo dezá Meu Rock GZ estrea videoclip con escenas gravadas en Lalín

Esta formación compuxo esta canción sobre a sensación que experimentan os alcohólicos cando non consumen


Laura Moure/Deza

Captura do videoclip.

A Produtora Cultural Toxo Verde informa da estrea do videoclip Insectos do grupo da comarca de Deza Meu Rock GZ. Este videoclip foi rodado no Porto de San Adrián de Cobres en Vilaboa, nos arredores da Illa de San Simón e no concello de Lalín.

O 15 de novembro é o Día Internacional Sen Alcohol impulsado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) debido a problemática que supón o alcoholismo na sociedade actual. Como resposta, o grupo Meu Rock GZ compuxo esta canción sobre a sensación que experimentan os alcohólicos cando non consumen: o formígueo, os insectos baixo a pel.

A alucinosis alcohólica está presente no consumo crónico de alcohol, a droga legal máis habitual no país. Borja tenta despexarse da súa adicción ó alcohol dando unha volta no seu barco. Na travesía recibe a visita dos alcohois que máis consume: o licor café, os cubatas, o viño, a cervexa e o vermú; que o incitan a beber personificados polos integrantes da banda Meu Rock GZ.

Insectos forma parte dunha serie de cancións gravadas en Cimática Estudios (Cerceda) e que están presentando ao longo deste 2022 cunha gran acollida por parte dos seus seguidores.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page