top of page

O 'Gran Camiño' atravesou este venres Monterroso e Palas de Rei

Laura Moure/A Ulloa

Os ciclistas ao seu paso por Palas de Rei.

Este xoves 22 de febreiro na localidade da Coruña empezou a rodar polas estradas galegas a volta ciclista “O Gran Camiño International Galician Tour”, proba consolidada no calendario ciclista e que supoñerá o regreso do pelotón profesional á comunidade. Pola comarca da Ulloa pasou este venres, concretamente por Monterroso e Palas de Rei.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Para iso, e durante os catro días da proba deportiva, o Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, dispoñerá dun nutrido operativo humano e material para dar cobertura e seguridade a ciclistas participantes e usuarios da vía, supoñendo un importante esforzo de preparación e execución. VÍDEOS MÁIS ABAIXO:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O Gran Camiño ao seu paso por Bidouredo, Monterroso. Autor: Santi Télez.


O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe a contribución da proba O Gran Camiño coma escaparate turístico de Galicia e á hora de consolidar a comunidade coma referente do ciclismo mundial.


Rueda, que seguiu esta tarde parte do percorrido da etapa lucense, lembrou que máis de 120 corredores de todo o mundo danse cita estes días nunha competición que se retransmite a 170 países e que acada millóns de reaccións nas redes sociais. Por iso, asegurou que O Gran Camiño transcende o ámbito deportivo para converterse nunha “oportunidade única” para amosar ao mundo o patrimonio, as paisaxes ou a natureza de Galicia e atraer a máis visitantes cara a comunidade.


O Gran Camiño é unha proba ciclista que percorrerá ata o vindeiro domingo as catro provincias, pasando por lugares emblemáticos coma a Torre de Hércules da Coruña, a Ribeira Sacra, o interior de Ourense ou o Monte Aloia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Entrada en Palas de Rei. Autor: Eloy Saa




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page