top of page

O golfista de Touro Santiago Tarrío foi recibido polo vicepresidente segundo da Xunta

Diego Calvo lembrou que o ano este deportista disputou unha trintena de torneos do World Tour e neste 2023 logrou o terceiro posto no Magical Kenya Open


Laura Moure/Touro

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu este mércores pola mañá ao golfista de Touro Santiago Tarrío.


Diego Calvo destacou a importante proyección a nivel nacional do xogador e tamén internacional desde que comezou a competir en 2016 no World Tour. Nesta tempada, o golfista de Touro é o noveno español mellor clasificado do ranking mundial situándose entre os 300 xogadores mellores do mundo.

O ano pasado disputou unha trintena de torneos do World Tour e consiguiu un 4º posto no Scandinavian Open e un 11º no Cazoo Classic de Inglaterra. Ademais, neste ano conseguiu o pasado 12 de marzo o terceiro posto no Magical Kenya Open de golf.

Nesta liña, incidiu en que Galicia conta con nomes como Santiago Tarrío que compiten nos torneos de golf máis importantes do mundo. Así mesmo, engadiu que esta modalidade deportiva é unha das que máis sinerxias se poden aproveitar entre o turismo e o deporte, xa que a práctica do golf na comunidade incentiva o contacto coa naturaleza e axuda a consolidar a oferta turística galega basada na diversificación e a desestacionalización.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page