top of page

O goberno de Rodeiro solicitaralle á Deputación de Pontevedra que varias estradas pasen a ser titularidade do ente provincial

Piden que asuma a titularidade de 18,3 quilómetros que conectan Camba con outros Concellos e ó ensanchamento dos firmes ata os 6 metros de ancho


Ecos da Comarca/Rodeiro

O goberno municipal de Rodeiro, formado por PSOE e Unidade por Rodeiro, levará ao vindeiro pleno, que terá lugar o 11 de marzo ás 12 horas, unha moción para solicitarlle á Deputación de Pontevedra que varias estradas pasen a ser titularidade do ente provincial xa que todas conectan a Rodeiro con outros concellos ou con outras provincias.

"Rodeiro é un concello no que o seu principal motor económico é a gandeiría e a agricultura, nos últimos anos, tanto o volumen, como o número de granxas, aumentou considerablemente, provocando que con elo aumentara tamén o tráfico de camións, de tractores, e de vehículos pesados en xeral, e isto ocasiona que se intesifique o mal estado das estradas de todo o rural. A gran parte delas, son ademais estradas estreitas, o que dificulta aínda máis o tránsito deste tipo de vehículos e por ende dos turismos, perxudicando tamén a calquera veciña ou veciño do noso concello", sinala o goberno local.


Rodeiro, sinala, "conta con tres parroquias que non teñen acceso a vías autonómicas ou provinciais, que quedaron abandoadas á sua sorte. Para desenrolar unha actividade agrogandeira ou industrial é prioritario contar cunhas boas infraestruturas, de aí que sexa importante centrarnos na problemática de tres parroquias".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

- A parroquia de Arnego e a parroquia de Carboentes contan con:

  • 18 explotacións de porcino ou 30 granxas

  • 6 explotacións avicolas

  • 7 granxas avícolas

  • 3 núcleos de coellos

  • 2 explotacións de coellos

  • 45 explotaciósn de vacún de leite e carne

  • 50 empregados por conta allea


- A parroquia de Vilela, no seu percorrido Vilafrío-Saborín-Taboada conta

con:

  • 5 explotacións de porcino

  • 13 granxas de porcino

  • 1 granxa avícola

9 explotacións de vacún


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"As principais estradas destas parroquias, consideramos que cumpren cos requisitos para ser titularidade da Deputación de Pontevedra xa que todas conectan a Rodeiro con outros concellos ou con outras provincias". Por todo isto, o goberno do Concello de Rodeiro quere trasladar ó Pleno do Concello a proposta de acordo a través da cal insten á Deputación de Pontevedra, previo acordo do Pleno do Concello, a asumir a titularidade dos 18,3 quilómetros e ó ensanchamento dos firmes ata os 6 metros de ancho das seguintes vías municipais:

  • Estrada de Carboentes, na zona coñecida como As Devesas, ata o límite co Concello de Dozón (8,2 Km)

  • Vilafrío-Saborín, ata o límite co Concello de Taboada (5 Km)

  • Vistuíde-Adelán (2,5 Km)

  • A Ponte (Pedroso), ata o límite co Concello de Lalín (2,6 Km)



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page