top of page

O goberno de Rodeiro investirá máis de 60.000 euros na cuberta da pista de padel

A Concellería de Deportes solicitou este martes unha axuda a Deputación de Pontevedra a través da liña de infraestruturas


Ecos da Comarca/Rodeiro

A Concellería de Deportes solicitou este martes unha axuda a Deputación de Pontevedra a través da liña de infraestruturas. O goberno local vai investir máis de 60.000 euros na cuberta da pista de padel. "Unha cuberta cun diseño innovador e empregando a madeira como material sustentable e cun gran valor engadido para o noso territorio", sinalan dende o Concello.


Publicidade

O tenente de alcalde, Alberte Lamazares, tamén informa de que a principios de abril contan con ter remata a propia pista e, posteriormente, construirase a cuberta. "Esta inversión súmase a compra de material deportivo para as asociacións deportivas, no polideportivo realizáronse  cambios de canalóns e da cuberta, arranxouse o marcador, fixéronse xaulas para gardar o material de deportes, realizouse un lavado integro do conxunto do pavillón... No campo de fútbol arranxouse a valla perimetral, a porta da entrada, a presión das duchas, cambiáronse as redes das porterías, etc.", explica Lamazares.


Publicidade

E recalca que nestes oito meses de goberno "fomos quen de solucionar os desperfectos que dende fai anos viñan sendo denunciados polas asociacións deportivas e o mesmo tempo, fixemos importantes inversións mencionadas anteriormente e a curto prazo teremos dispoñible unha pista de padel. O traballo feito nesta área é exemplo do dinamismo do conxunto do goberno municipal con numerosos proxectos e inversións que pouco a pouco iran vendo luz".


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page