top of page

O goberno cruceño levará a pleno a retirada das placas cos nomes dos políticos dos sitios municipais

Ademais, levará outras dúas mocións sobre o cambio das bases no uso das pistas de pádel ou sobre a proposta de modificar o nome á Praza Juan Carlos I


Laura Moure/Vila de Cruces

O próximo luns día 29 celebrarase no concello de Vila de Cruces o pleno ordinario no que nesta ocasión o grupo goberno formado por membros do partido Xunt@s Polo Noso Concello vai presentar tres mocións "relevantes para a convivencia de todos os veciños e

veciñas de Vila de Cruces".


Son decisións de "tanta transcendencia" que Luís Taboada e todo o seu equipo de goberno optaron pola fórmula de presentalas como mocións, para consensualas cos demais grupos políticos e promulgar a transparencia nas decisións que afectan a todos e cada un dos cruceños e cruceñas.


A primeira das mocións é para cambiar as bases da Ordenanza Municipal que afecta aos prezos nas reservas na recén estreada pista de pádel, como xa anunciara en días pasados o tenente de alcalde, Julio López.


A segunda das mocións é no tocante a proposta do cambio do nome da praza Juan Carlos I, que foi aprobada a través de unha moción no anterior pleno cos votos do BNG a favor e a abstención dos demais grupos políticos. Na moción o grupo de goberno propón tres nomes para a súa votación: Que se manteña o nome de Juan Carlos I ata que haxa unha sentenza condenatoria; que en caso de non querer esperar, o novo nome da praza sexa en primeiro lugar o de Manuel Fraga Iribarne, "pai da nosa constitución e persoa relevante en Galicia" ou tamén propón o nome de Adolfo Suárez González, primeiro presidente democrático de España.


A terceira moción presentada é a da retirada de inmediato, de todos os espazos públicos de titularidade municipal, das placas de inauguración nas que figuran os nomes dos políticos (algúns con causas xudiciais) que están a gobernar en cada momento. "Esta moción busca evitar os personalismos e a decencia política, xa que o político está para servir o cidadán e non para pórse unha placa e perdurar no tempo, garantindo este novo goberno que mentres eles esteen o fronte, non se porán placas de políticos, como xa foi o caso da inauguración da pista de pádel, que non conta con ningunha placa co nome do alcalde".

A Praza Juan Carlos I.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page