top of page

O galego... hai que sentilo

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Laura Moure/IsmaelRS/Xeral


Como cada 17 de maio, hoxe celébrase o Día das Letras Galegas. Unha data moi especial para Galicia, pero o galego hai que sentilo. É un dos grandes tesouros, porque temos moitos, dos que podemos presumir: as mellores praias, as máis variadas paisaxes, unha gastronomía de luxo... e porque somos os máis riquiñ@s do mundo en todos os sentidos.


Pero a nosa lingua é algo innato que só aqueles que a empregamos sempre sabemos do que falamos. Hoxe as redes sociais, todos os medios de comunicación... poñen en valor a nosa lingua. Pero sabedes que de nada vale se despois se ignora o resto do ano? En ECOS DA COMARCA o galego é a nosa lingua! Por que empregar outra se é o noso idioma? Por iso é preciso concienciar máis da importancia de ter unha lingua propia, de que as linguas traspasan fronteiras e de que debemos inculcarllas as novas xeracións: porque elas son o futuro e delas dependen que o noso fermoso idioma siga existindo.


HOXE E SEMPRE FALEMOS GALEGO!!

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page