top of page

O filólogo melidense Vicente Vázquez gaña o premio de relato curto 'Nortear' impulsado pola Xunta

Logra esta distinción coa súa obra Profundo sen nome


Laura Moure/Melide

A obra Profundo sen nome do filólogo melidense Vicente Vázquez gañou a 9º edición do premio de relato curto Nortear, impulsado pola Xunta. A iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, para o recoñecemento de pezas literarias en galego ou portugués.

Vicente Vázquez.

Nado en Melide en 1992, Vicente Vázquez estudou Linguas e Literaturas Modernas na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo en 2015 o accésit do Certame de Poesía Francisco Añón co Ani(vers)ario (Micromundos, 2017) e ten outra obra Os afluentes (Tulipa, 2018) publicada en francés e galego.


Segundo apuntou o xurado, a obra seleccionada destaca polo seu carácter “innovador cunha nova realidade, virtual, que revisa unha existencia potencial en mundos paralelos, onde o mundo real contamínase na reconstitución dun pasado, dende o presente, a partir do diálogo virtual entre un fillo e o seu pai morto. “A mestría do autor nunha narrativa, con bo ritmo, linguaxe e estilo, onde a nostalxia por un tempo perdido, tras a morte dun familiar, capturan a atención do lector do inicio ao fin”, engadiu.


Publicidade

O xurado estivo formado polo escritor e director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Gonzalo Constela, a escritora, editora e xornalista Eva Mejuto, o crítico literario e profesor da Universidade de Compostela Ramón Nicolás, e a profesora do Ensino Secundario e Técnica Superior da Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal Ana Araujo.


Dotación económica e publicación da obra

Dotada con 3.000 euros, Nortear diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita. Ademais de recibir a dotación económica, o gañador verá o seu traballo publicado nas linguas galega e portuguesa. Nesta edición houbo 40 propostas de escritores xoves da Eurorrexión.


Publicidade

O premio Nortear é un exemplo destacado de espazo cultural único e compartido na Eurorrexión. Conta con nove edicións de éxito e ten 370 obras presentadas a concurso. Os oito gañadores das anteriores edicións foron Lara Dopazo Ruibal, Rui Cerqueira Coelho, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar e Marta Pais de Oliveira.


O proxecto Nortear é un polo cultural de referencia en Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza. Está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP).


Entrevista ECOS DA COMARCA

Cabe mencionar que ECOS DA COMARCA tivemos o pracer de entrevistar a Vicente Vázquez pola súa canle de YouTube: La Bisonte. A entrevista da súa personaxe no enlace:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page