top of page

O espazo de conciliación do Concello de Palas de Rei atende a 32 cativos

Isto significa apoiar a 23 familias do municipio con nenos de entre 3 e 12 anos


Laura Moure/Palas de Rei

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou onte o espazo de conciliación do Concello de Palas de Rei que a Xunta financia a través do Plan Corresponsables cunha axuda este ano próxima aos 25.000 euros. Con esta iniciativa, estase a ofrecer desde o mes de setembro e ata finais de decembro, en horario de 7:30 horas a 9:45 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas, un espazo de lecer a 32 nenas e nenos de 3 a 12 anos, o que supón o apoio a 23 familias do municipio con necesidades de conciliación da vida familiar e persoal coa laboral.

López Abella sinalou que a conciliación corresponsable é un eixo prioritario das políticas da Xunta. Neste senso, indicou que ademais dos diferentes programas de axudas, a futura Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, na actualidade en tramitación, prestará especial interese á igualdade e o benestar laboral e á conciliación da vida persoal e profesional.


Segundo a secretaria xeral da Igualdade, é preciso “seguir avanzando nun modelo de sociedade de roles compartidos e equilibrados e é importante un cambio de actitude, a xeración dunha nova cultura a favor da igualdade e o benestar laboral, valores que se deberían ir interiorizando desde idades temperás”.

A Xunta seguirá en 2023, deste xeito, apoiando a conciliación e a corresponsabilidade, á que se destinarán, tan só desde a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, 14,6 millóns de euros.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page