O Equipo Móbil de Expedición do DNI estará en Melide en marzo, maio, xuño, setembro e novembro
- ecosdacomarca
- 27 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Os veciños de Melide, Toques e Santiso poder facer uso deste servizo con cita previa
Ecos da Comarca/Comarca Terra de Melide
O Equipo Móbil de Expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI) visitará o concello de Melide en distintas datas nos vindeiros meses. Os veciños de Melide, Toques e Santiso poder facer uso deste servizo.

Para iso teñen que pedir cita previa a través do teléfono 981 50 79 29. Será no Edificio Multiusos.
コメント