top of page

O Entroido engalana aos centros educativos das comarcas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualizado: 18 feb 2023

Desfiles, música, lambetadas e moita orixinalidade marcaron o Entroido educativo


Laura Moure/Xeral

O alumnado do CEIP da Martagona de Melide este venres ante o Consistorio. Autor: Ecos da Comarca.

É época de Entroido e este faise notar en todos os rincóns das comarcas. Este venres foi o gran protagonista nos centros educativos. O alumnado vestiu o seus disfraces e na maioría dos casos, desfilou polas vilas ante a atenta mirada de familiares e veciños, e despois recibiu algunha que outra lambetada ante os Consistorios.


Cada vez máis apóstase nas aulas pola reciclaxe á hora de disfrazarse o que leva impregnado a importancia de darlle unha segunda vida ás cousas. E o certo é que con distintos materias fan as caracterizacións máis orixinais do mundo! Ademais, a música tamén acompañou esta xornada festiva na que o bo tempo permitiu desfrutar aínda máis dela.


E falando de música, o CEIP da Martagona de Melide disfrazouse tendo a esta como temática: DJS, gaitas, trompetas, tambores, xilófonos.. foron os disfraces elixidos para esta ocasión e como se pode ver no seguinte vídeo durante o seu desfile pola vila:

Autor: Ecos da Comarca.


E falando de larpeiradas, no caso de Agolada, o Concello apostou por entregarlles aos cativos unha bolsa de doces de Entroido.

Porque o importante neste tipo de festividades é manter as tradicións e trasladarllas ás novas xeracións para que nunca se perdan.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Deixamos por aquí fotos de colexios doutras localidades, como de Antas de Ulla, Agolada e Monterroso:


 
 

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page