O director e pedagogo de teatro, Afonso García Penas, premio 'Palco de Terra' polo Son D'Aldea
- Laura Moure

- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
A entrega do galardón tivo lugar na cidade portuguesa de Barcelos, nun acto organizado por Teatro de Balugas, compañía referente do teatro aficionado
Laura Moure/Palas de Rei
O director e pedagogo de teatro, Afonso García Penas, foi distinguido co premio “Palco de Terra” , en recoñecemento a súa traxectoria na organización e impulso de Son d´ Aldea, un proxecto cultural que cada ano se celebra en Albá e Santo Xusto (de Palas de Rei) e que pon en valor o rural galego a través da creación comunitaria, recuperando a memoria rural da primeira metade do século XX.
Publicidade
A través de escenas o proxecto converte a aldea nun escenario vivo reivindicando a súa “identidade e potencial de futuro”.
A entrega do galardón tivo lugar na cidade portuguesa de Barcelos, nun acto organizado por Teatro de Balugas, compañía referente do teatro aficionado. O premio “Palco de Terra” recoñece a persoas e colectivos que transforman o teatro amador nun instrumento de cidadanía cultural, comprometido co territorio e coa xente que habita o mundo rural. Este galardón, simboliza tamén a vontade de conectar culturas irmás do noroeste peninsular, como Galicia e o Minho e de poñer en valor a creación colectiva, a memoria e a resistencia cultural que nace das aldeas.

Afonso García Penas, recibe este premio como recoñecemento á súa traxectoria, máis, tamén, como estímulo para continuar o seu labor. No acto estivo acompañado por algúns dos membros da directiva de Son d´ Aldea e do grupo Metátese Teatro: María Xosé Mourenza, Lula Andrade, Estrela Blanco, Óscar Varela, José Antonio Nieto, Xosé Lois Fernández e Xosé Eixo.
Publicidade
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, felicita a delegación palense e moi especialmente a Alfonso García polo galardón obtido.








Comentarios