top of page

O departamento de Benestar Social de Silleda organiza unha viaxe ao País Vasco

A expedición será do 17 ao 21 de abril próximo (ámbolos dous incluidos) e as inscricións poderán realizarse a partir do vindeiro martes día 14


Laura Moure/Silleda

O departamento de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, a través do Club do Centro Social dos maiores, organizada para o vindeiro mes unha excursión a Euskadi, con interesantes visitas a distintas localidades. A expedición será do 17 ao 21 de abril próximo (ámbolos dous incluidos) e as inscricións poderán realizarse a partir do vindeiro martes día 14.


A saída será o 17 de abril dende Silleda e A Bandeira, con parada en Burgos para almorzar e visita guiada pola localidade, saído despois cara ao País Vasco.

Na xornada do 18 visitarase a cidade de San Sebastián, con guía oficial, pasando pola Bahía da Concha, monte Igueldo, e outros puntos desta fermosa cidade, onde se celebrará o xantar e se disfrutará de toda a xornada.


O País Vasco-Francés será a seguinte parada, con visitas a Biarritz, San Juan de Luz, Hendaia e Hondarribia, onde as persoas participantes disfrutarán durante toda a xornada do día 19.


No último día de estancia en terras vascas, tocará visitar a costa pasando por Guetaria, Zumaia e Bilbao.


Xa o día 21 a expedición emprenderá camiño de volta con xantar en Carrión de los Condes e xa pola tarde en Puebla de Sanabria.

O prezo desta excursión é de 575 euros por persoa, incluindo o autocar durante todo o percorrido, aloxamento e comidas así como o servizo de guía oficial nas diferentes cidades e o traxecto en funicular en Donosti ata o Monte Igueldo.


Para participar, as persoas que o desexen deben anotarse de xeito presencial dende o martes 14 e ata o 24 de marzo no Centro Social de Silleda.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page