O delegado da Xunta e o alcalde de Monterroso analizan a colaboración en diversos proxectos
- Laura Moure

- hace 14 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Monterroso
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse onte co alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, para analizar a colaboración entre a Xunta e o Concello en varios asuntos de interese municipal.

Arias destacou o apoio da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para mellorar a rede de recollida de pluviais dos núcleos de Esporiz e Lardeiros e para acondicionar o acceso ao lugar de Comeás – neste caso asociado con Portomarín -.
A achega total sumou 65.700 euros, con cargo ás ordes de axudas anuais do Fondo de Compensación Ambiental competitivo e a liña para modernizar infraestruturas municipais. Esta última xa ten aberta a convocatoria do 2026, dotada con 3,5 millóns de euros para axudar ás entidades locais a modernizar instalacións e equipamentos de uso público. Os concellos poden presentar as súas solicitudes ata o 4 de maio.
PUBLICIDADE
Entre outras iniciativas recentes, o delegado referiuse tamén a concesión de 48.300 euros destinados á mellora e conservación de vías de titularidade local en Tarrío e Novelúa, a través dun convenio coa Consellería do Medio Rural.
PUBLICIDADE
Así mesmo, salientou o acordo asinado o ano pasado entre o Concello de Monterroso e a Axencia de Turismo de Galicia, cun investimento de 96.400 euros por parte da Xunta para humanizar varias rúas do municipio.








Comentarios