O Concello retransmitirá hoxe a través da súa canle de YouTube unha conferencia para celebrar dalgún xeito a Feira do Cocido que hoxe cumpriría a súa 53ª edición
Laura Moure/Lalín
Hoxe Lalín debería estar ateigado de xente, de colorido, de orixinalidade e de cheiro a cocido en todos os recunchos. Pero a pandemia, despois de tantos anos, obriga a aprazar esta celebración como moitas outras. Sen embargo, o Concello de Lalín organiza hoxe unha conferencia sobre a historia da Feira do Cocido que será retransmitida pola canle municipal de YouTube, para celebrar desta maneira a edición de 2021, que estaba prevista para esta data. Agora habrá que agardar ao 16 de maio para saber se finalmente se pode levar a cabo ou non este ano. Sería a 53ª edición e hai que recalcar que o ano pasado a Feira do Cocido foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
Todos aqueles interesados podrán seguir este acto a partir das 12:00 horas. Será presentado polo locutor de Radio Lalín, Gúmer Portas, e participarán Daniel González Alén, cronista de Lalín, José Luis Iglesias, do restaurante Cabanas, Agustín López Torres, organizador da Feira durante moitos anos e do desfile de carrozas, e José Luis Castro Pol, presidente da Asociación Cultural A Carballeira de Cercio. O evento retransmitirase a través de canle de YouTube do Concello de Lalín no enlace https://www.youtube.com/channel/UCTQ9lOLYm3tyBXzrKn4p1bA
Comments