top of page
Foto del escritorLaura Moure

O día 15 remata o prazo para pedir as axudas a prol da natalidade do Concello de Melide

O máximo será de 300 euros por cada fillo/a nado ou adoptado/a entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide lembra que o 15 deste mes remata o prazo para solicitar as axudas a prol da natalidade 2023 que convoca a administración local. O máximo será de 300 euros por cada fillo/a nado ou adoptado/a entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023.


Publicidade

O obxecto destas bases consiste no establecemento de medidas complementarias de apoio ás unidades familiares do Concello de Melide mediante o deseño de mecanismos que axuden a fixar a poboación evitando deste xeito o despoboamento.


Publicidade

A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda coa mesma finalidade que poidan obterse doutros organismos públicos.


As persoas interesadas poden consultas as bases e os requisitos no seguinte enlace: https://cutt.ly/dwj3bWyk


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page