top of page

O Consello dá luz verde ás obras de ampliación do parque empresarial de Palas de Rei

Incrementará nun 50% a súa superficie con 17 novas parcelas


Laura Moure/Palas de Rei

O Consello da Xunta aprobou na reunión celebrada onte a licitación das obras de urbanización da fase III do Parque Empresarial de Palas de Rei (Lugo), que permitirán incrementar en 39.926 metros cadrados o solo industrial, un 52,9% da capacidade actual (75.473 m2 ), cun orzamento previsto de 2.048.251 euros. A futura ampliación dotará o polígono de 17 novas parcelas, unha zona de equipamento, áreas verdes, unha rede viaria e aparcadoiro e os correspondentes servizos de abastecemento, saneamento, electricidade, telecomunicacións e iluminación.

O Goberno galego trata de acelerar a construción da fase III desde parque empresarial coa previsión de que os traballos de urbanización, unha vez adxudicado o proxecto de ampliación, poidan comezar no último trimestre de 2026. Segundo esta planificación, as parcelas resultantes poderán comercializarse a finais do ano 2027. Con esta actuación, a Xunta, a través de Xestur, atende a demanda de solo industrial na comarca da Ulloa, despois de que se esgotase a capacidade do parque empresarial de Palas de Rei, que na actualidade conta con 67 empresas, entre elas, algunhas firmas que, como Jim Sports Technology -especializada na elaboración e comercialización de material deportivo- xeran case un centenar de empregos directos.

 PUBLICIDADE

En conxunto, as empresas asentadas no polígono rexistran unha facturación global de 108 millóns de euros e xeran máis de 430 postos de traballo directos, o 58,6% do emprego desta zona.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Meira e As Gándaras 

Esta actuación complementa outros desenvolvementos urbanísticos de solo industrial que a Xunta de Galicia está a promover na provincia de Lugo, como son a tramitación dos instrumentos de planeamento (Peose) para a ampliación dos parques empresariais de Xove e O Corgo, a tramitación dos proxectos de urbanización para a ampliación do parque empresarial de Meira, así como as obras de execución para a ampliación do polígono das Gándaras, que conta con fases en execución e fases en tramitación do proxecto de urbanización. En total, na provincia de Lugo están en tramitación ou urbanización un millón e medio de metros cadrados de parques empresariais.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page