top of page

O Consello da Xunta dá o visto e prace á licitación das obras do novo centro de saúde de Antas de Ulla

Contará cun investimento de 1.758.997,76 euros


Laura Moure/Antas de Ulla

O Consello da Xunta tomou razón, na súa reunión de hoxe, da licitación das obras de construción do novo centro de saúde de Antas de Ulla, en Lugo, que suporá un investimento da Xunta de 1.758.997,76 euros. A nova infraestrutura sanitaria permitirá máis que duplicar a superficie do centro de saúde actual, acadando os 634 metros cadrados.

A previsión da Xunta é ter adxudicadas as obras antes de que remate este ano, co obxectivo de iniciar os traballos de construción do novo centro a comezos de 2026. O prazo de execución das obras será de 16 meses. O Servizo Galego de Saúde será o responsable de licitar e executar as obras do novo centro de saúde.


A construción deste novo centro de saúde en Antas de Ulla está recollida na fase 1 do Plan de Infraestruturas sanitarias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde. Mellora e ampliación das instalacións A futura infraestrutura sanitaria de atención primaria contará cunha superficie construída, segundo o plan de espazos, de 634,15 metros cadrados, máis do dobre da superficie que ten o centro de saúde actual (295 metros cadrados).

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O novo equipamento sanitario situarase nunha parcela baleira na avenida de Lugo do + municipio. O obxectivo é crear un novo espazo público que fomente o descanso e o contacto coa natureza na contorna do centro de saúde. Deste xeito, Antas de Ulla disporá dun centro sanitario con 6 consultas: 2 de medicina xeral, 2 de enfermaría, 1 de toma de mostras e 1 consulta polivalente. Contará, ademais, con vestíbulo, zonas de espera, recepción, sala de xestión da información, arquivos, aseos e locais técnicos. Na parte de persoal haberá unha bibioteca-sala de estar, un despacho de de coordinación e vestiarios. Ademais, contarase cos cuartos técnicos para instalacións. Con esta actuación a Xunta mellorará a infraestrutura sanitaria de atención primaria en que o Servizo Galego de Saúde atende unha poboación de 1.600 persoas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page