A reunión será o domingo
Ecos da Comarca/Dozón
O conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, acudirá a Dozón o vindeiro domingo para manter unha reunión coa veciñanza e os propietarios afectados pola concentración parcelaria de San Salvador do Castro para informar sobre os avances do procedemento e para resolver as consultas e dúbidas que xurdan.
A este encontro informativo, programado para as 12.00 horas no salón de actos do
CEIP Pío Cabanillas Gallas e ao que tamén acudirá o alcalde, Adolfo Campos Vázquez,
están convocados todos os propietarios de terreos, titulares de dereitos, gandeiros e
veciños da parroquia de San Salvador do Castro e da súa contorna.
Comments