Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda a través dos departamentos de Deportes e Turismo poñerá en marcha despois da Semana Santa, e sempre que así o permitan as condicións sanitairas, o programa Silleda Camiña, que se paralizou dende o pasada ano por mor da pandemia.
En principio, o programa arrancará cunha das dúas vertentes, a das camiñadas semanais pola vila de Silleda e arredores, na tardiña dos martes e xoves, co asesoramento do técnico municipal de deportes, que informará sobre os percorridos e asesorará ás persoas participantes en función da súa idade, condición física…
Este programa busca fomentar hábitos de vida saudables así coma os desprazamentos a pé, nun entorno no que xa existen vías onde as persoas priman por riba dos vehículos.

Persoas camiñando por Silleda durante outra actividade.
O coñecemento de espazos turísticos e rutas é outra das liñas deste programa, con saídas mensuais que se irán organizando nos vindeiros meses. O programa está aberto á participación de persoas de todas as idades. As que desexen inscribirse e recibir máis información poden chamar ao teléfono 650 953 872. Todas elas recibirán material coma un chaleco. “Despois de Semana Santa reactivaremos esta proposta que quedou aparcada pola Covid e en función de como evolucione a situación sanitaria valorarase empezar ca organización das saídas de fin de semana”, indica a concelleira de Turismo e Deportes, Mónica González.
Kommentare