top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello do Pino destina 90.000 euros a axudas para ao sector da hostalaría e da restauración


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino aproba unha segunda liña de axudas para o sector da hostalaría e restauración que terá 90.000 euros de fondos. Estas están dirixidas aos negocios de hostalaría e restauración con sede no Pino que estiveran abertos durante 2020 (salvo os períodos de peche obrigatorio). Estas contías irán destinadas alugueiros, subministracións (luz, auga, electricidade), seguros de responsabilidade civil, cotas de autónomos e seguros sociais, nóminas de persoal asalariado e xuros de hipotecas.


A contía da subvención será en función do número de empregados: ata cinco empregados (incluído o dono) recibirá 600 euros; máis de 11 traballadores (incluído o dono), 1.500 euros e máis de 11, (incluído o dono) optarán a 1.500 euros.


O prazo de presentación de solicitudes e xustificación de gastos será durante os 20 días naturais dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán obter toda a información sobre as bases no seguinte enlace https://opino.gal/o-pino-destina-90-000-euros-a-unha.../

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page