top of page

O Concello do Pino abre o prazo de inscrición para o programa Escola de Verán 2025

As familias poden solicitar praza ata o 16 de xuño, para as quendas de xuño e xullo, e ata o 18 de xullo, para a quenda de agosto e setembro


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, abre o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2025, unha iniciativa de conciliación dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolverá nas instalacións do pavillón de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago (Arca).

O programa comezará o 23 de xuño e rematará o 5 de setembro, coincidindo co calendario escolar, e dividirase en seis quendas que van do 23 ao 30 de xuño; do 1 ao 15 de xullo; do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 15 de agosto; do 16 ao 31 de agosto; e do 1 ao 5 de setembro. O horario será de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas, agás os festivos.


Este ano ofértanse ata 105 prazas nos meses de xullo, 86 en agosto, e 70 nos períodos de xuño e setembro. En caso de que a demanda supere a oferta, aplicarase un criterio de admisión que prioriza ás familias empadroadas no concello con situacións laborais activas

ou necesidades especiais de conciliación. Ademais, no caso de que varios irmáns presenten solicitude para a mesma opción e quenda, o feito de que un dos irmáns sexa admitido, suporá a admisión dos demais irmáns.


Prezos

As tarifas establecidas son de 30 € por quincena ou 60 € ao mes durante xullo e agosto, e de 15 € para as quendas curtas de xuño e setembro. As familias numerosas terán un desconto do 20 % a partir do segundo fillo ou filla.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As inscricións poderán realizarse ata o 16 de xuño, para as quendas de xuño e xullo, e ata

o 18 de xullo, para as quendas de agosto e setembro. Os formularios poden recollerse nas

oficinas municipais (de 9:00 a 14:00 horas) ou descargarse desde a web municipal

(www.opino.gal ). As persoas que desexen obter máis información poden chamar ao teléfono 981 511 002 ou consultar a web do Concello.


Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio

de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables. Con esta nova edición da Escola de Verán, o Concello do Pino aposta por facilitar a conciliación laboral e familiar das veciñas e veciños, ao tempo que ofrece á rapazada un espazo educativo, seguro e lúdico no que desfrutar do tempo libre durante as vacacións escolares.






コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page