top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Touro mete na axenda das operadoras de viaxes internacionais a súa oferta turística

Laura Moure/Touro

Touro foi convidado á feira Fiets en Wandelbeurs (Utretch) por Turespaña, o organismo estatal encargado da promoción de España como destino turístico a nivel internacional, logo dos encontros celebrados en FITUR no mes de xaneiro. Os concelleiros de Turismo e Desenvolvemento Local asistiron á maior feira internacional de cicloturismo nos Países Baixos, onde tiveron xuntanzas con varias axencias internacionais a fin de dar a coñecer Touro e incluílo nas súas ofertas de destino turístico.

A proposta tivo boa acollida entre varias axencias que operan a nivel internacional e

que ven en Touro o potencial para converterse nun destino de referencia entre aqueles que buscan unha experiencia alonxada do turismo de masas, na que prime a conexión co entorno e o coñecemento da súa historia.


Entre os encontros que mantiveron atópase a asociación "Nederlands Genootschap van Sint Jacob (Sociedade Nerlandesa de San Xacobe)", autora da guía de referencia de peregrinación a Compostela nos Países Baixos e que inclúe Touro como paso cara compostela, coa que agardan colaborar para a difusión en orixe das posibilidades turísticas de Touro, e que actualmente está rematando unha nova edición da súa guía.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A continuación da feira, os concelleiros asistiron a un evento de Turespaña celebrado na sede do Instituto Cervantes de Utretch, e no que tamén estableceron contactos coa Axencia de Viaxes "Rutas Pangea", especializada no cicloturismo, e que proximamente incluírá Eurovelo ruta dos peregrinos entre os seus produtos tendo como referencia os aloxamentos e restauración de Touro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

No marco destes encontros tamén se reuniron coa escritora Marion Hogwegt, especializada en promocionar o destino España en Holanda. Nas vindeiras semanas concretarase unha visita da escritora nerlandesa á localidade de Touro para estudar a posibilidade de incluír Touro entre as súas recomendacións ao público nerlandés.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os concelleiros valoran como moi satisfactoria a asistencia da man de Turespaña a esta feira internacional e a acollida que tuvo o produto Touro entre as diversas axencias de viaxes, e agardan que en breves se fagan públicos os primeiros paquetes turísticos con negocios da localidade co obxectivo claro de que "Touro deixe ser lugar de paso para converterse nunha parada imprescindible".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page