Impartiranse dende o vindeiro día 9 de abril na Casa da Cultura, de xeito gratuíto e as prazas son limitadas
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, oferta dende o vindeiro venres día 9 de abril formación presencial para Competencias Clave de Nivel 2. O ciclo formativo é gratuíto e as prazas son limitadas.
O curso, que contará coas materias de Comunicación en Lingua Galega, Comunicación en Lingua Castelá e Matemáticas, terá lugar os venres pola mañá na Casa da Cultura e dada a situación sanitaria, ademais desta xornada presencial cada semana, tamén se facilitará material ao alumnado e se establecerán titorías online.
As persoas que desexen asistir deben anotarse no departamento de Educación, chamando ao 986 592 037, onde tamén se lles facilitará toda a información necesaria.
O exame de Competencias Clave está previsto que se realice a finais do mes de xuño. O prazo de matrícula nestas probas remata o vindeiro 7 de abril.
Casa da Cultura de Silleda.
Comments