top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda mobilizará o parque de vivendas de alguer

Vén de adherirse ao Programa Vivendas Baleiras, que contempla o acceso a vivendas de unidades de convivencia con dificultades económicas ou cuns ingresos moi limitado


Laura Moure/Silleda

O acceso á vivenda está a ser unha problemática que, lonxe de quedarse estancada nas grandes cidades ou urbes galegas, está a afectar a zonas do rural e pequenas poboacións. En concreto, en Silleda, existe un problema real coa descompensación

entre a oferta e a demanda, con factores que agravan esta situación. “Temos constancia de que unidades familiares, cunha situación de vulnerabilidade, non teñen acceso a unha vivenda ou que ven mermado o seu dereito de acceso á mesma, algo que non podemos permitir,” di a alcaldesa, Paula Fernández Pena.

E por elo, dando cumprimento aos compromisos adquiridos polo goberno municipal durante a campaña electoral, o Concello de Silleda mobilizará o parque de vivendas en aluguer para dar solución ás dificultades para o acceso a vivenda que teñen algunhas familias, aprobando a adhesión do Concello de Silleda ao Programa de mobilización de vivendas para o alugamento en concellos promovido pola Xunta de Galicia, para así poder ofrecer vivendas para toda as familias que ven mermadas as súas posibilidades de acceso a vivenda por diversos factores.


Publicidade

Así pois, dende o departamento de Benestar social, que dirixe Ángela Troitiño, traballarase na creación dun rexistro de persoas demandantes de vivendas , e en colaboración co servicio de Urbanismo, dun rexistro de vivendas que, polas súas condicións de habitabilidade se poidan incorporar ao programa.


A adhesión ao citado programa de Vivendas Baleiras, foi aprobada na última sesión da Xunta de Goberno Local. En relación ás posibles persoas demandantes deste servizo, teñen que cumprir co requisito de estar empadroado no concello e non poden ter uns ingresos situados entre 0,7 e 1,5 veces o IPREM. Ademais tamén terán dereito a inscribirse aquelas familias que pola súa situación de vulnerabilidade social teñan dificultades especiais para alugar unha vivenda. “Esta solución permitirá que todas e todos os silledenses teñan o dereito constitucional á desfrutar dunha vivenda digna e adecuada, cunha renda accesible,” di Angela Troitiño.



Publicidade

No caso dos propietarios de vivendas que se inscriban neste programa, poderán recibir polo aluguer unha cantidade que variará segundo a vivenda ofrecida, que en todo caso se adaptará a prezos de mercado, sen superar nunca os 450 euros. Como contra prestación por incorporarse a este programa “as persoas propietarias terán unhas garantías de seguridade tanto para o cobro mensual do aluguer como para a reparación de calquera dano da súa vivenda,” di a responsable de Urbanismo, Paula Fernandez, xa que recibirán gratuitamente a cobertura dun seguro para o aboamento de rendas non pagadas, outro seguro para a reparación de posibles danos e a asistencia xurídica necesaria, en virtude deste convenio.


Paula Fernandez e Ángela Troitiño animan a participar ás persoas propietarias de vivendas

paradas “temos que dar unha resposta as necesidades de vivenda, e ademais permitir

mellorar a economía daquelas familias con vivendas pechadas “, xa que o rexistro pode

extenderse a todo o territorio, xa que non se limita aos cascos urbanos de Silleda e da

Bandeira, senón a todo o termo municipal.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page