top of page

O Concello de Silleda lamenta os actos vandálicos da fin de semana no campo de fútbol da Gandareira

A Policía Local xa está a investigar a autoría dos feitos, pola gravidade das pinturas nun espazo público e polas mensaxes ofensivas que conteñen

As pintadas feitas no campo de fútbol da Gandareira.


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda lamenta os actos vandálicos que se produciron a pasada fin de semana no muro exterior do campo de fútbol da Gandareira, na localidade da Bandeira, con grandes pintadas. A Policía Local xa está a investigar a autoría dos feitos, "pola gravidade das pinturas nun espazo público e polas mensaxes ofensivas que conteñen".


Tampouco se libraron das pintadas elementos do mobiliario público como varios contenedores á entrada do estadio. “É lamentable que sigamos tendo que ver actos vandálicos coma estes”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, que agarda que as investigacións policiais poidan dar cas persoas responsables.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page