top of page

O Concello de Silleda e Ferrovial asinan a acta de inicio do contrato da iluminación

A empresa asumirá o mantemento integral do alumeado público exterior  así como a facturación dos consumos da rede


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e os representantes de Ferrovial, a través da área de Energy Solutions, asinaron este luns a acta de  inicio do contrato de Servizos enerxéticos e de mantemento integral do alumeado público exterior do Concello de Silleda,  que ten unha vixencia de 14 anos e un importe total de  8.393.274,54 euros que corresponde a  599.519,61 anuais.


O contrato, en modalidade de servizos enerxéticos, impulsa o compromiso do Concello coa economía sostible, a redución da contaminación lumínica e a mellora da protección do ceo nocturno. Será Ferrovial quen asuma toda a xestión do sistema de alumeado exterior recollida no contrato, que vai dende a xestión enerxética, o mantemento da rede, a garantía total das instalacións, a implantación dunha plataforma de control  ou a contratación dunha oficina externa  de control. “Este contrato de xestión integral das nosas instalacións de iluminación exterior é histórico para  noso concello,  xa que permitirá unha  utilización aínda mais   sostible da enerxía “ di o alcalde Manuel Cuiña.

É importante destacar que  a empresa non só asumirá  a  vixiancia e control para  o correcto funcionamento da instalación de alumeado exterior municipal senón tamén a  xestión e o abono do consumo eléctrico das luminarias,  semáforos,  alumeado de nadal, as marquesiñas, regos, etc.


Ademais, Ferrovial asume tamén a obriga contractual de execución de investimentos para a mellora e a  renovación das instalacións do alumeado entre os que destaca a substitución de todas as luminarias por LED, a renovación integral dos cadros eléctricos existentes, e o desplegue dunha plataforma para a xestión da operación e o mantemento, o que, segundo indica o alcalde Manuel Cuiña,  “permitirá que Silleda teña un  alumeado 100% con tecnoloxía LED que é un dos obxectivos medioambientais que propuxemos para este mandato”


Será Ferrovial  quen asuma tamén as labores de  mantemento rutinario, tanto programado como preventivo e correctivo,  co fin de garantir o perfecto funcionamento e limpeza de toda a  rede de alumeado público exterior do Concello. Establecerase para elo un Plan de mantemento e inspección da rede que permitirá garantir non so a  limpeza periódica, senón tamén a reparación dos elementos danados o envellecidos de todas as luminarias Así pois  a empresa terá a obriga de reparar calquera avaría nun prazo de 24-48 horas dende que esta sexa detectada polos seus propios controis ou dende que exista unha alerta cidadá.


 Di o alcalde que para todo elo “contarase co soporte dun equipo multidisciplinar que dará apoio a calquera necesidade que poidese xurdir durante a execución do contrato  e que estará formado por persoal da empresa, unha oficina externa de control e un responsable municipal”.


Por parte da empresa establécese un  equipo multidisciplinar de traballo cunha Unidade de Enerxía formado por tres núcleos diferenciados pero coordinados entre sí, un responsable da area de Xestión Estratéxica, un responsable da area de xestión técnica e administrativa, e un equipo de operacións, integrado por un responsable de conservación e mantemento, un encargado xeral de obras,  un oficial electricista. Ademais contarase cun   responsable prevención de riscos laborais e co  soporte dos diferentes departamentos técnico e administrativo que conforman Ferrovial.

Publicidade

Ademais, tense seleccionado por parte da Xunta de Goberno local a  empresa ENERGAL como  Oficina de Control e Seguimento Independente do Contrato (OCSI). Tamén desde o Concello se nomeará a un funcionario que será o responsable municipal do contrato para supervisar  en contacto coa OCSI o cumprimento do contrato.


A empresa terá 3 meses para darlle tanto a OCSI como ao persoal municipal,  a formación necesaria para usar un novo  módulo informático  de xestión enerxética a partir dos elementos de campo e outro de xestión do mantemento.

Portal de avisos para a cidadanía

Neste último módulo integrarase un portal de avisos para a cidadanía, LIÑA VERDE, que proporcionará aos responsables do contrato alarmas e avisos, vía SMS ou correo electrónico de incidencias.


Durante o período de  implantación e formación destas plataformas,  as alertas cidadás de avarías continuarán recibíndose no telefono do concello así como a través da APP bando móbil coa que, recordamos,  se pode  trasladar calquera incidencia municipal.  Ademais deste persoal adscrito por contrato, na execución dos  traballos vinculados a substitución de cadros e luminarias a LED , que debe facerse nun prazo de 6 meses, realizarase con outro persoal.


Publicidade

Tamén, co fin de garantir gardas de 24 h/365 días, para atender calquera avaría extraordinaria, poderá utilizarse outro persoal indirecto  fixado no contrato. O servicio de garda dos fins de semana e festivos estará cuberto por dous operarios de mantemento

En relación aos medios materiais empregados para a execución do contrato, indicar que Ferrovial ten xa unha nave alugada en Area 33 dende a que centralizará todos os traballos e servirá de base para toda a maquinaria que debe por a disposición entre as  que destacan un camión de plataforma hidráulica con altura de traballos ata 14 metros con sistema de comunicación e GPS, un camión con grúa de máis de 3.500 kg e unha  plataforma de tesoira de ata 9 m de altura con remolque, ademais dun vehículo lixeiro tipo furgoneta de motor eléctrico e un vehículo de motor híbrido enchufable.




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page