Será para o período de entre xuño e outubro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda iniciará nos vindeiros días o procedemento para a contratación temporal dunha persoa como guía turístico no Mosteiro de Carboeiro. Esta contratación realízase ao amparo da subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra para o
reforzo na atención de rede de oficinas Info Rías Baixas, da que forma parte este coñecido enclave silledense.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases para esta contratación, por un periodo de cinco meses, entre xuño e outubro. As bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia .
O contrato será por 5 meses reforzando a atención no Punto de Información Turística de Carboeiro, un dos enclaves máis visitados da comarca do Deza. Durante a tempada estival, ademais de aumentar considerablemente as visitas ao cenobio románico, tamén están previstas a realización dunha serie de actividades culturais. Así mesmo, a mostra Trasdeza Pinta O Camiño tamén chegará á sala de exposición do mosteiro dende o 21 de
xuño ata o 25 de xullo.
Comments