top of page

O Concello de Silleda comeza o traballo de remodelación da rúa Cartagena


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a Concelleira de Xestión Urbana, Paula Fernández, visitaron este martes as obras que comezaron onte mesmo na rúa Cartagena para mellorar o estado de conservación e a estética desta vía semipeonil, asimilándoo así co resto da contorna na que se inclúe a rúa Progreso e a Praza do novo Consistorio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para iso, procederase á retirada dos bolardos, facendo a rúa máis ampla, apostando por unha plataforma única de calzada e beirarrúas e dándolle unha imaxe uniforme ao centro urbán de Silleda. “Visto o bo funcionamento que está tendo a plataforma da rúa Progreso imos trasladar ese modelo a todas as rúas próximas”, dixo o alcalde.


As obras incluirán tamén a substitución das luminarias existentes por outras con mellor eficiencia enerxética e a instalación de elementos vexetais. Estas reformas están sendo levadas a cabo por operarios municipais.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Estas obras enmárcanse no novo Programa de Mellora Urbana, un compromiso adquirido polo novo goberno que irá desenvolvéndose ao longo dos próximos meses co persoal municipal.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page