top of page

O Concello de Santiso lanza unha nova campaña para poñer en valor o patrimonio propio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Arranca coa colocación de paneis explicativos e de sinalización en diferentes

atractivos turísticos


Laura Moure/Santiso

Comeza unha nova campaña promovida dende o Concello de Santiso para poñer en valor o patrimonio propio. Esta leva por nome Patrimonio de Santiso e comezou ca colocación, por parte dos operarios do concello, de paneis explicativos e de sinalización de diferentes recursos patrimoniais que neste caso están situados na ruta de sendeirismo PR-G 226. "O obxectivo é que todos coñezamos o patrimonio que nos rodea para poder valoralo e conservalo. Esta campaña continuará nos vindeiros días ca colocación de novos paneis en outras puntos de interese. Agradecer a colaboración tanto do proxecto abeancos.gal (abeancos.gal ) pola información prestada e tamén a colaboración altruísta por parte do Museo da Terra de Melide e dos seus traballadores", indica o Concello.


Os elementos sinalizados, como indica Turismo Santiso, son os seguintes:

  • Chanto da Pontenova: É unha pedra illada descuberta no 2012 da cal non se teñen datos acerca do contexto orixinal da colocación deste chanto. Pode corresponderse cun megálito prehistórico, presenta unhas determinadas pautas que levan a asimilalo a un ortostato dunha anta, ou ben a unha pedrafita exenta, aínda que se asemella máis ó primeiro deses dous casos. Cabe destacar que está realizada nun soporte de gneis, unha rocha de grande dureza, densidade e de moi dificultosa manipulación.

  • Inscrición na Ponte de Mourazos: Trátase dunha inscrición gravada nunha pedra, que na actualidade se atopa caída na beira do río e coas letras boca abaixo (polo que se ven do revés). Está escrita en latín, con caligrafía moi ben executada. A súa transcrición sería: “Construíron esta ponte na era 900 e foi rematada o día dez das calendas de maio” (actualizado ó actual calendario, correspóndese coa data do 23 de abril do ano 862).

  • Muíño da Laxe: Tamén coñecido como Muíño do Mato, no río Furelos. Este muíño era do Convento de Sancti Spiritus de Melide. O nome de Muíño do Mato débese a que o escribán Dionisio Varela era o dono da Casa do Mato de Barazón. A abundancia de pedra, de grandes laxes que hai na beira do muíño podería ser o motivo do topónimo Muíño da Laxe.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page