O Concello de Palas solicitará a Fomento o arranxo de varias vías municipais afectadas polas obras da A-54
- Laura Moure
- 2 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ademais, tamén lle remitirá a problemática na traída da auga en Vilar de Remonde como consecuencia tamén destes traballos
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei remitirá ó Ministerio de Fomento unha solicitude para a reparación de varias vías municipais afectadas polas obras da autovía A-54. Neste caso e según informa o alcalde, Pablo Taboada, os danos afectaron ós accesos a varios núcleos de poboación nos lugares de Belouchada, A Ulloa e Andemil, así como, no lugar de San Pedro de Meixide. Tamén se viron afectados outros lugares en Vilar de Remonde, Remonde, O Coto, Vacariza e a Florida.

"Todas estas vías, presentan danos importantes como consecuencia da execución da autovía Lugo-Santiago e dende o Concello comunícase ó Ministerio de Fomento para que procedan a execución da reparación das mesmas, no tramo Palas-Melide da Autovía A-54".
Publicidade
O Concello, tamén, dirixirá un escrito a Deputación Provincial de Lugo para que exercite os seus dereitos polo deterioro do víal Coto-Pedraza como consecuencia das obras da Autovía.
Publicidade
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, comunicará ó ministerio a problemática dos veciños de Vilar de Remonde coa traída de augas vecinal que se atopa sen servizo como consecuencia das obras da autovía.
Publicidade
Neste caso, o mandatario matizou que a traída non é municipal polo que solicitará a Fomento que se atendan as peticións dos veciños de Vilar de Remonde.
Comentarios