top of page

O Concello de Palas reclama de novo o arranxo dos vias afectados polas obras da autovía A-54

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei reclama novamente o arranxo dos viais afectados pola construción da Autovía A-54, varios deles de titularidade municipal e outros da deputación de Lugo. “Xa vai un ano desde a última reunión, onde houbo por parte do Ministerio un compromiso de arranxo e transcorridos 11 meses nada se soupo deses viais afectados que comunican varias parroquias e lugares do municipio, como: San Pedro de Meixide, Ulloa, Sambreixo, Vilar de Remonde o Mato” di o alcalde Pablo Taboada.

Pablo Taboada.
Pablo Taboada.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“Na última reunión celebrada na Subdelegación do Goberno en Lugo acordouse a reparación durante o ano 2025  destas vías afectadas e xa transcorreu boa parte do 2026 e nada sabemos” comenta o rexedor Pablo Taboada quen destaca que a comenzos de xuño remitiu un escrito solicitando o arranxo inmediato destes viais e unha reunión na pasada semana con Demarcacións de Carreteras do Estado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Neste sentido, o rexedor de Palas non descarta emprender a reclamación xudicial oportuna destes danos que afectan a máis de 600 veciños/as das parroquias relacionadas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page