top of page

O Concello de Palas recibe 47.000 euros de Augas de Galicia para mellorar o subministro de auga

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O alcalde deste municipio, Pablo Taboada, demanda melloras na cobertura de telefonía móbil no municipio

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei recibirá de Augas de Galicia unha axuda de 47.000 euros para melloras na Estación Depuradora de Auga. Con esta actuación, pretende correxir episodios de turbidez en caso de tormentas e, asimismo, garantir un subministro de auga

suficiente ós usuarios habituais da traída e aos máis de 1.000 peregrinos que a diario desfrutan deste servizo na época estival.

Por outro lado, o alcalde de Palas, Pablo Taboada, demanda melloras na cobertura de telefonía móbil no municipio. “Nos últimos tempos, varios núcleos que dependen da cobertura que facilita a Torre de San Simón presentan serias deficiencias en canto a cobertura de telefonía móbil”, manifesta o alcalde quen a súa vez reclama, novamente ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, actuacións concretas encamiñadas a mellora desta situación para os/as veciños/as deste municipio que están a sufrir este tipo de problemas.


Destaca ademais, que é o Goberno do Estado o que ten a competencia en materia de telecomunicacións e que actualmente conta con fondos europeos para a súa financiación e posta en marcha destas medidas, as que califica de "necesarias” para o desenvolvemento económico e social. "Que no momento actual, convertéronse nun servizo imprescindible para o desempeño de áreas como a laboral, escolar, asistencial dende os fogares sobretodo nun concello do rural cun forte polo industrial e de servizos como é Palas de Rei". Taboada reclama de novo ao Goberno Central, que dea prioridade a medidas concretas encamiñadas a melloras na cobertura móbil e acceso a datos dos veciños deste municipio.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page