Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei opta por ubicar o servizo de biblioteca e a aula de novas tecnoloxías na primeira e segundo andar do edificio do Centro Comarcal. O Concello dispoñerá de distintas subvencións para este fin.
Así disporá de axudas do GDR- Miño Ulla; da Consellería de Cultura e cursará, nos vindeiros días, unha solicitude de axuda á Deputación Provincial de Lugo para cumplimentar a financiación deste importante proxecto que complementará a oferta cultural do municipio.
Publicidade
Con esta actuación búscase complementar os servizos xa ofertados no edificio que dispón o Concello en colaboración co CEIP de Palas onde a comenzos do ano se inaugurara outra biblioteca xunto coa ocioteca /ludoteca que presta servizo na zona escolar.
Publicidade
A previsión é cuatriplicar o número de metros cadrados disponibles con respecto a anterior ubicación e ampliar a sala multimedia e as salas de lectura.
Comments